 Domingo Tabuyo. FotografÃa de Distrito Xermar. Fonte: AELG
Domingo Tabuyo. FotografÃa de Distrito Xermar. Fonte: AELG
                                                    
                                            O profesor do IES Francisco Asorey de Cambados e antigo deputado Domingo Tabuyo resultou gañador do I Premio de PoesÃa Camiño de Santiago. O autor impúxose no certame coa obra 
Das viaxes maiúsculas, que lle reportará 1.500 euros en metálicos e será publicada en galego e en castelán pola editorial Carena. O xurado destacou o seu traballo a "brillante imaxinerÃa poética e a súa innegable capacidade simbólica, que invita ao lector a adentrarse no cosmos xacobeo a través dunha escritura fondamente conceptual e suxestiva, que se serve con mestrÃa do endecasÃlabo branco e o verso libre".
                    						
                                            A este galardón, que convoca a Academia Xacobea co patrocinio de Ediciones Carena e o apoio da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, concorreron un total de dezaoito obras de diferentes lugares de España e América, todas elas co tema de fondo de "a vida como camiño" e unha vinculación "explÃcita ou implÃcita co Camiño de Santiago".