O festival Revoltallo de Valladares abre hoxe a súa XXVIª edición

O evento aposta polas bandas galegas emerxentes e ofrece tamén obradoiros e espectáculos infantís



Chegar a poñer o número 26 antes do nome para un evento cultural é toda unha proeza nestes tempos de inestabilidades e vaivéns. Se ademais é o caso dun festival esa demostración de forza o sitúa nun lugar destacado do panorama que hai que estimar, independentemente do alcance en termos de milleiros de asistentes ou repercusión máis alá das marxes territoriais locais. Este é o caso do festival Revoltallo, nacido no barrio vigués de Valladares do asociacionismo veciñal e que chega hoxe a soprar as candeas da súa XXVIª edición que esta fin de semana na Carballeira do Pedregal, moi preto do centro cultural no que naceu o evento, que co paso dos anos reduciuse de ser unha semana enteira de actividades a un formato máis manexable sempre co compoñente musical como eixo. O Revoltallo comprime nestes tres días, entre hoxe e o domingo, varios obradoiros, espectáculos para cativos e dez concertos. A música de bandas galegas e en galego centra o cartel de este ano no que grupos emerxentes da área metropolitana e arredores centran o cartel que encabezan The Skarnivals e Liska.
Ligazóns