A 16ª edición de Curtocircuíto fará unha homenaxe a Euloxio R. Ruibal ao Equipo Lupa, creadores de importancia vital na década dos setenta que contribuíron á configuración do que hoxe é o cinema galego. O programa, que levará por nome Curtocircuíto x Cineclube de Compostela: Euloxio R. Ruibal e o Equipo Lupa e estará marcado polo carácter documental, acollerá a proxección de pezas como A rapa das bestas (1972), filmada en Candaoso (Viveiro); O Corpiño (1973), rexistro da popular romaría; Peliqueiros (1973), arredor do Antroido de Laza; O edificio Castromil (1975), na que se verán integramente, de xeito público, en pantalla grande e despois de máis de corenta anos as imaxes do derrubamento do emblemático edificio compostelán no ano 1975 e Holocausto (1972), a única ficción. A comezos da década dos setenta o Equipo Lupa foi o primeiro grupo que, de xeito continuado, emprendeu un proxecto organizado destinado á produción cinematográfica en Galicia e en galego. Formado por Euloxio R. Ruibal, Félix Casado, Ana Antón, Roberto Vidal Bolaño, Clemente Crespo, Xosé Ramón Pousa, Miguel Pérez Romero, Lucrecia Carril, Pablo Crespo, Jesús Velasco, etc, tiña entre os seus obxectivos principais o de soster a valoración do cine como forma de expresión e como medio de comunicación entre a cidadanía, partindo dunha atención preferente á cultura tradicional.
Na súa aposta polo talento galego o festival, que se celebrará entre os próximos 28 de setembro e 6 de outubro en Santiago, mantén catro seccións dedicadas en exclusiva ao noso cinema. Ademais da proxección xa anunciada de O que arde (2019) de Oliver Laxe, o fotógrafo vigués Nacho Alonso será o protagonista da sección Terra, o espazo do festival reservado para poñer o valor dunha figura galega de prestixio e finalmente, Supernova volverá a acoller as primeiras obras de cineastas de Galicia. a sección competitiva Planeta GZ volverá reflectir a riqueza e variedade do cinema galego actual, con estéticas, temáticas, xéneros e mesmo procedencias ben diferentes. Nesta edición estará composta por 16 de decembro, de Álvaro Gago; Rexistros (xeografía de San Sadurniño), de Adrián Canoura; Analóxica, de Anxos Fazáns; Arrolo, de Lucía Estévez; La jovencita no envejece, se descompone; de Álvaro F. Pulpeiro; Como desaparecer, de Carlos Martínez-Peñalver, Joven y Carmen, de Borja Santomé; En la boca de la mina, de Brandán Cerviño; Limbo, de Dani Viqueira; Os prexuízos da auga, de Santos Díaz, e Glimpses on devil eye e Parpadeo, ambas de Judith Adataberna.