O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome acordaron iniciar os trámites para que a Deputación de Ourense asuma, de xeito permanente, a organización do Ourense Film Festival (OUFF) que xa asumiu na pasada edición e na que está por comezar este mes de setembro. Despois de moitos avatares que puxeron a súa continuidade en xogo durante o pasado ano o ente provincial deu un paso adiante que fixo posible a celebración da 23ª edición en novembro do 2018. O actual alcalde manifestárase en contra de manter o festival cando estaba na oposición. A 24ª edición do OUFF celebrarase agora do 27 de setembro ao 5 de outubro e a súa sede oficial será o centro cultural Marcos Valcárcel. Miguel Anxo Fernández dirixirá por segundo ano consecutivo o evento que terá como paÃs convidado a México, e adicará unha das súas seccións ao cine que se está a producir en México coa colaboración da Fundación Carlos Velo e o Centro de Capacitación Cinematográfica de México, entidade de referencia no sector, fundado en 1975 polo galego Carlos Velo. Durante o transcurso da OUFF entregarase a Calpurnia de Honra Internacional desta edición ao actor francés de orixe ourensá José GarcÃa, en recoñecemento a súa carreira no mundo da interpretación. Asemade, o director ourensán Norberto López Amado será galardoado co Premio Ourense, un dos máis arraigados na historia do Ourense Film Festival e que nesta 24ª edición quere homenaxear a traxectoria e o traballo de Norberto López Amado.
Máis de 500 pelÃculas aspiran a competir na Sección Oficial de longametraxes da 24ª edición do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF). A selección final que participará no certame e loitará por conseguir algún dos premios do OUFF, que suman un montante económico de 36.000 euros, constará de 12 tÃtulos, dous máis que en 2018. Entre os traballos xa seleccionados figuran pelÃculas premiadas en festivais como Cannes, Sundance, BAFICI e outras que vivirán en Ourense a súa estrea en España. O que arde (Oliver Laxe); The bra (Veit Helmer); La odisea de los giles (Sebastian Borensztein); e Parásitos (Bong Joon-ho), gañadora da Palma de Ouro na certame gala, son os primeiros tÃtulos confirmados que competirán pola Calpurnia á mellor pelÃcula no OUFF 2019.
DuplÃcanse as pezas presentadas para OUFF en curto
A segunda edición do OUFF en Curto, o certame de curtametraxes do Ourense Film Festival, recibe o dobre de aspirantes que na pasada convocatoria, con ao redor dun centenar de traballos rexistrados para participar no concurso. Deles, a organización do OUFF 2019 seleccionou 17 curtametraxes e 9 videoclips que poderán verse do 27 de setembro ao 5 de outubro no OUFF e que competirán por un total de 4 premios. Entre as curtametraxes seleccionadas figuran varias gravadas en galego e algúns dos tÃtulos con máis percorrido do ano, como Son unha tumba (Khris Cembe), aspirante ao Goya 2019 á mellor curtametraxe de animación, A Xustiza Pola Man, de Sara Casasnovas, Benedicta, de Xurxo Chirro, O Que Medra Por Dentro, de Nacho Ozores ou Devalar, de Mar GarcÃa, entre outras. Ademais, OUFF En Curto 2019 incorpora como novidade unha sección de videoclips, na que competirán 9 traballos. Entre eles, os realizados para coñecidos temas de La pegatina, Macaco ou Soziedad Alkohólika.