Eloy Enciso premiado como mellor director pola crítica de cine independente

O galardón polo seu traballo en 'Longa Noite' foi outorgado no marco do Festival de Locarno

O cineasta Eloy Enciso ven de ser galardoado pola Asociación da Crítica de Cine Independeente co premio Boccalino D'Oro ao mellor director pola súa película filmada en galego Longa Noite. O fallo da asociación deuse a coñecer tras a súa exhibición no marco do 72 Festival internacional de Cine de Locarno, en Italia este pasado sábado. Enciso xa estreara anteriormente neste festival a súa primeira longametraxe documental, Arraianos, en 2012. O filme, Longa noite é unha reflexión sobre as relacións humanas e a auxe do fascismo ambientada na Galicia da posguerra. Longa Noite cometía tamén na sección oficial do festival de Locarno pero non recibiu ningún dos recoñecementos do palmarés oficial do evento. Longa Noite participará na 44 edición do Festival de Toronto e no Festival de Nova York. A estrea en terras galegas de Longa Noite terá lugar na sala Numax o vindeiro 5 de decembro.