Osa do Mar vai a pola sexta edición como festival urbano

Diferentes locais de Burela acollerán gran parte dos concertos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Osa do Mar vai a pola sexta edición como festival urbano

O festival Osa do Mar ofrece esta semana en Burela a súa sexta edición entre o mércores 14 ao sábado 17 con 25 actuacións das cales 21 son galegas. A programación repartirase, ademais de polo escenario Mahou, o principal, por distintos locais da localidade lucense desde unha discoteca, unha cervexería ou un hotel ata un barco-museo, servindo todos eles xunto cos do Centro Comercial Aberto Burela como escenarios para as actuacións das bandas e artistas da escena independente e alternativa que son habituais nesta cita que comezou na Praia da Marosa. Brais Morán, Allova, Andhrea & the Black Cats, Berta Franklin, Carolina Durante, Grande Osso, Kokoshca, La Plata, Las Antonias, Las Hijas de ZP, Los Jinetes del Trópico, Los Pontiaks, Los Vinagres, Monoulious DOP, Ortiga, Tarde a todo, Thee Blind Crows e Zé Pequeno compoñen o cartel en 2019. O evento mariñán sen ánimo de lucro ofrece de balde toda a súa programación e dispón de zona de acampada.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Burela, Brais Morán, Ortiga

Claves

Protagonistas
Entidades