O Concello de Nigrán amplÃa ás persoas xordas as posibilidades de gozar da música no festival Chan de Folk que terá lugar este sábado ás 21:30 en Chandebrito cun concerto de Roi Casal a. Grazas á cinco mochilas vibratorias adquiridas polo consistorio o concerto 'Son galego, son cubano' de Casal poderá ser percibido por persoas con discapacidade auditiva de diferentes graos xa que os sons que estes aparellos portátiles e sen cables reciben a través dun equipo de transmisións UHF son transformados en vibracións. Ademais, as persoas xordas que teñen próteses auditivas (implante coclear e/o audiófonos) non só sentirán as vibracións, se non que tamén mellorarán a nitidez dos sons a través dun lazo indutivo. Esta novidosa tecnoloxÃa de orixe francesa estreouse en España nas derradeiras actividades de Nadal do Ayuntamiento de Madrid e agora é Nigrán o segundo municipio do Estado en adquirilas para uso público e gratuÃto cun investimento de 10.000 euros. Esta iniciativa forma parte do programa de goberno municipal "Un Nigrán para todos" co que se traballa para eliminar as barreiras fÃsicas e sensoriais na localidade.
Segundo informa o Concello as persoas con discapacidade auditiva interesadas en probalas deben solicitar o seu uso enviando un mail a comunicacion@nigran.org (o punto de recollida e entrega será na cantina da propia carballeira, onde deberán deixar o DNI e encher un formulario). Co obxectivo de que poidan experimentar por vez primeira as mochilas vibratorias o maior número de xente posible, o Concello distribuirá o tempo de uso en función da cantidade de solicitudes. Unha intérprete de lingua de signos explicará a cada un o correcto uso do aparello. Estes volverán a estar a disposición dos interesados nos demais eventos organizados dende o Concello de Nigrán nos que a súa presenza facilite a accesibilidade.