Antonio Seijas presenta a novela gráfica A Chaira

A obra ve a luz da man de Alita Cómics nunha dupla edición en galego e en castelán

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Antonio Seijas presenta a novela gráfica A Chaira

Aínda que hai case unha década que a elaborou, é a coincidir co Viñetas desde o Atlántico desde 2019 que ve a luz a máis recente novela gráfica de Antonio Seijas. A Chaira sae publicada da man da libraría Alita Cómics nun duplo lanzamento en galego e en castelán con preto de 90 páxinas a cor. O autor apunta que a obra é unha "pequena fábula" na que o contorno ten máis peso que os propios protagonistas da historia. "A chaira é un estado mental, un estado do espírito, onde os silencios son tan importantes como as palabras e a paisaxe é a verdadeira alma da historia". O posto de bibliotecas do festival coruñés acolle este xoves 8 de agosto a presentación da obra, na que o autor estará acompañado do libreiro Juan Carlos Sanmiguel e da bibliotecaria Fátima Elías.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Seijas, DUPLA, Paisaxe, Bibliotecas...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares