Coas súas propias verbas Celso Parada (Moaña, 1958- Vigo, 2019) daba o adeus desde a súa necrolóxica publicada onte no xornal Faro de Vigo: "Voume lixeiro con todo o saber do contador, meu pai Ventura e toda a alegría da miña nai Bernarda./ Xa non mirarei aos ollos do espectador, nin a sentir a grande vertixe do actor nas táboas./ Voume co inmenso pracer do traballo, o teatro como un océano...". Deste xeito convocaba desde o alén Parada a familiares e amigos a xuntarse no que foi o acto da súa despedida onte na súa localidade natal, Moaña. A noticia do seu pasamento tinguía de loito o pasado sábado 3 de agosto o mundo da cultura do país. Parada, falecía aos 61 anos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, vítima dun cancro que levaba máis dun ano loitando.
As reaccións no se fixeron agardar e foron moi numerosas deixando ver a importancia da pegada do artista no mundo da escena teatral e audiovisual do país. Así desde o mundo institucional se pronunciaron o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, para quen Parada era "unha figura fundamental das nosas artes escénicas como actor, director e tamén como fundador da célebre compañía Teatro do Morcego", o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo e o departamento de cultura da Deputación Provincial da Coruña, desde onde lembraban tamén o activismo co que o actor "defendeu durante toda a súa traxectoria os dereitos da xente de teatro e o futuro das nosas artes escénicas". Tamén o Centro Dramático Galego tivo para Celso parada un especial recordo de pesar e despedida. O moañés traballou na compañía pública nas montaxes de O regreso ao deserto, A cacatúa verde ou A comedia do gurgullo e na súa despedida, alén do recoñecemento da súa importancia como figura quixeron lembralo "compañeiro co que compartirmos moitas horas sobre as táboas".
Usando das súas redes sociais foron moitos os actores e actrices, directores e compañeiros que dedicaron algún momento a dar unha despedida a Parada. Antonio Durán "Morris", Carlos Blanco, Federico Pérez, Paula carballeira, Santiago Cortegoso, María Costas, Mayka Braña, Marián Bañobre, Iolanda Muíños, Cándido Pazó, Eduardo "Tatán" e un longo etcétera de artistas cos que o actor compartiu táboas ou rodaxes desde que iniciou a súa carreira profesional en 1976, hai máis de corenta anos. Todos tiveron para eles palabras ou imaxes cheas de recordos e emoción nas súas despedidas a "Sito", como era chamado nas distancias curtas do compañeirismo e a amizade. No audiovisual, Celso Parada formou parte dos elencos de películas como O lapis do carpinteiro, A praia dos afogados, A lingua das bolboretas, Huidos ou O ano da carracha. Para a televisión, interpretou diferentes papeis en multitude de series: dende Mareas Vivas, a Pratos combinados, pasando por Gran Reserva, La que se avecina ou máis recentemente, Fariña. Compañeiras e compañeiros, así como as produtoras de todos estes traballos tiveron unha lembranza do actor neste momento.
No recordo dos colectivos e eventos
No nivel das representacións colectivas tamén tivo grande repercusión o falecemento prematuro de Paredes. Asociacións e feiras de teatro difundiron publicamente a desolación e a importancia da pegada deixada polo moañés. Desde a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) emitían un comunicado no que deixaban clara a importancia do actor como "destacado pioneiro da profesionalización da nosa escena, referente para varias xeracións de intérpretes do noso país, figura fundamental do teatro". Para a Xunta Directiva da AAAG, Parada era "un home de escena en todas as súas dimensións, capaz de xerar gran admiración tanto entre os compañeiros de oficio coma no público". A Academia galega do Audiovisal lembraba que a súa longa traxectoria inclúe a participación en ducias de espectáculos teatrais e proxectos audiovisuais e despedíao como "un compañeiro querido e un referente dentro da escena galega". A asociación de empresas teatrais Escena Galega deixaba considetración de Celso como un "actor fundamental, membro da xeración de creadores/as que deu inicio ao teatro profesional galego e fundador en 1989 da nosa compañía asociada Teatro do Morcego". Á compañía do actor tamén facían referencia desde o FIOT de Carballo ao lembrar importancia que para este evento tivo a participación activa de Celso Parada e da súa compañía na creación consolidación desta feira: "foron uns dos piares sobre os que se sustentou o FIOT nos seus comezos. A súa empatía, profesionalidade e compromiso á que pronto se sumou unha entrañable e profunda amizade, creou un vínculo entre ambas partes que o converteu nun clásico en moitas citas deste evento". En Carballo lembran emocionados que no 2005 Parada foi nomeado Xograr de Outono, un recoñecemento honorífico pola súa destacada traxectoria na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia. A ese premio hai que engadirlle tamén o ter recibido o Premio Compostela ao Mellor actor por Misterio cómico en 1992 e o Premio María Casares ao texto adaptado por O lazariño de tormes en 1998. Especialmente sentida foi tamén a despedida desde a súa localidade viciña pola Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas que na súa recente edición hai apenas uns días, facía o peche da retrospectiva dos Trinta anos de Teatro do Morcego, "a que foi a súa maior obra e unha contribución inesquecible á historia do teatro galego". A MIT de Ribadavia e a Mostra de Teatro Galego de Cariño tamén publicaron condolencias e lembranzas dedicadas ao actor. Agora despois da despedida no tanatorio de Moaña, ao que "Sito" invitaba á súa xente a convertir nun punto de encontro onde "compartir un sorriso", o enorme artista xa dá por baixado o pano e descansa en paz.