Un traballo sobre o sector agrario na Galicia dos séculos XVIII e XIX proclamouse gañador do XX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo que convoca o Concello de Valga (Pontevedra). Beatriz Corbacho (Pontevedra, 1985) acadou o recoñecemento do xurado coa súa obra Labrando nutrientes. Intensificación agraria e manexo da fertilidade do solo nunha agricultura atlántica: Galicia, séculos XVIII e XIX. Corbacho é licenciada en Historia, doutora en Historia Contemporánea e membro do Grupo de Historia Agraria e PolÃtica do Mundo Rural (Histagra) da USC. Dúas obras presentáronse na modalidade de ensaio, como gañadora do Premio recibirá 4.000 euros e a súa obra será publicada polo Concello. No referido á segunda modalidade do certame, na que se outorga unha bolsa de estudos de 3.000 euros para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio de Valga, o xurado decidiu nesta ocasión declarar deserto o premio debido á “inadecuación dos proxectos presentados aos obxectivos marcados nas bases e a deficiente metodoloxÃa proposta”. O xurado estivo integrado por Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega; Xulio RodrÃguez González, director do Museo Arqueolóxico de Ourense e facultativo do corpo superior de museos; Pablo Sánchez Ferro, neto de Xesús Ferro Couselo, director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e técnico superior do corpo facultativo de arquiveiros da Xunta de Galicia; e Marcial Gondar Portasany, catedrático de AntropoloxÃa Social da USC, membro da sección de EtnografÃa do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e do padroado do Museo do Pobo Galego. Como secretario, con voz pero sen voto, actuou José Ramón Rial Becerra, membro do Servizo de Normalización LingüÃstica do Concello de Valga.