La emigración en Galicia publicada por Ramón Castro López en 1923 é o libro que abre a colección "Clásicos da Emigración". O Consello da Cultura Galega e mais a SecretarÃa Xeral da Emigración presentaban mércores este proxecto que recuperará unha ducia de textos clásicos sobre o fenómeno migratorio no noso paÃs, con novos prólogos a cargo de especialistas no ámbito como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo, entre outros.
Esta primeira entrega, escrita polo sacerdote Ramón Castro, achega a visión sobre a emigración desde o rural lucense de comezos do século XX a incidir de xeito particular nos aspectos máis positivos do fenómeno. A obra está dispoñible para a súa descarga no web do CCG e conta tamén con edición fÃsica.