A Xunta inicia o procedemento para declarar BIC o colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte

Considérase unha peza singular do Renacemento xesuítico en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Colexio de Nosa Señora da Antiga. Foto: Ramón Piñeiro / Flickr / Wikipedia

Colexio de Nosa Señora da Antiga. Foto: Ramón Piñeiro / Flickr / Wikipedia

A Xunta iniciou a tramitación do expediente para declarar ben de interese cultural da Nosa Señora da antiga, en Monforte. Para a Xunta, é un inmoble con "características moi singulares", como que conseguiu manterse "inalterable malia as presións urbanísticas e paisaxísticas sufridas", e arquitectónicas, como un dos máximos expoñentes do renacemento arquitectónico en Galicia, ademáis da importante colección de obras de arte que acolle, vinculadas aos fundadores, a familia aristocrática dos Lemos. Foi coñecido a nivel popular coma o "Escorial galego", pola súa vinculación co clasicismo herreriano. A Xunta destaca que o colexio da Nosa Señora da Antiga permite falar "do xurdimento dun segundo foco artístico, distinto ao compostelán, que monopolizou a actividade artística do século XVI ata mediados do XVII e introduciu o clasicismos". E tamén destacou "a importancia do mecenado eclesiástico na España do século XVI".

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Renacemento, Ben de Interese Cultural, Lemos

Claves

Lugares