Nace o Rianclown

Rianxo acolle ata o luns 15 a primeira xeira do Festival Cómico de Rúa

Unha actuación de Asacocirco abre na tarde destes venres 12 de xullo a primeira edición de Rianclown. O Festival Cómico de Rúa incorpórase á programación cultural de Rianxo da man da Asociación Virxe do Carmo e da Cooperativa Galega de Artistas Charlatana co apoio do Concello. No marco desta primeira xeira, o evento achegará unha edición cada día ata o vindeiro luns 15. N+1, Antón Coucheiro e mais Peter Punk e Brais da Hortas co seu Concerto Punkinfantil compoñen o programa da cita, que coincide coa celebración das Festas na Honra da Virxe do Carme.