Trinta e cinco finalistas para a exposición do XIº Premio Auditorio de Galicia de novos artistas

O xoves inaugúrase a exposición e fállanse os tres premios da convocatoria

O xoves inaugúrase a exposición e fállanse os tres premios da convocatoria
Auditorio de Galicia Imaxe: Concello de Santiago
A undécima convocatoria do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega á sala Isaac Díaz Pardo en Santiago as 35 obras que un xurado experto vén de seleccionar de entre os 109 propostas presentadas. A exposición inaugúrase este xoves ás 20 horas nun acto aberto ao público para amosar a creación contemporánea feita polos novos valores da arte.. Serán trinta e cinco obras de outras tantas artistas galegas/os ou residentes en Galicia, menores de corenta anos que presentan propostas variadas, que percorren todas as disciplinas artísticas e onde se enfrontan a traballos de investigación que dan como resultado pezas de moi diferente perfil: a identidade, o territorio, a arte urbana, os millenials, a inocencia, a fraxilidade, a enfermidade, a música, a historia, o mercado, a economía, a precariedade, a inmigración, o íntimo, os selfies, a mirada, as fronteiras, os medios de comunicación, a paisaxe, a ecoloxía, a emigración, a mitoloxía, o entorno doméstico, a narrativa, o fanzine, a dependencia emocional, o equilibrio, a desmaterialización da pintura ou a consciencia lingüística son algúns dos temas.

As obras premiadas serán escollidas nunha nova convocatoria do xurado e os premios faranse públicos durante o acto de inauguración da mostra o vindeiro xoves 11 de xullo ás 20 horas. Outorgaranse tres premios dotados con 6.000, 3.000 e 2.000 euros. Conforman a lista de finalistas que verán a súa obra exposta no Auditorio de Galicia Aitor-Víctor; Amine Asselman; Pablo Barreiro; Daniel Berges Visanzay; Rut Briones & Raquel Durán; Teresa Búa; Samuel Castro; David Catá; Charlito; Marcos Covela; Marcos Covelo; Roi Domínguez; Iago Eireos Franco; Yatir Fernández; Basilisa Fiestras; Sara Fuentes; María Gar; Julia Huete; Tania Lameiro; Rebeca Lar; Joan Morera; Sol Mussa; Myrce; Marta Pereira Fernández; Ana Pérez Ventura; Lara Pintos; Sabela Porto; Mar Ramón Soriano; Brais Rodríguez; José Andrés Santiago; Borja Santomé; Carla Souto; Dennise Vacarello; Diego Vites e Ariadna Yánez.