O festival Corpo(a)terra redescubre Ourense para a danza

Celébrase ata o 13 de xullo

Comezou o día 2 e prolongarase ata o 13 de xullo, nunha cita consolidada do verán ourensán que xa vai pola IX edición. O festival Corpo(a)terra que promove "o encontro do cidadán e turista co espazo urbano". En Corpo(a)Terra 2019 os espectáculos celébranse nas rúas de Ourense e de Allariz. O programa iníciase hoxe no Café Cultural Auriense cun "exercicio de improvisación dentro do corpo" a cargo de Estevo Creus. Diferentes compañías internacionais e galegas participan con diferentes espectáculos.