Segundo os rexistros da base de datos de IMDB (Internet Movies Data Base) o actor Eduardo Fajardo (1924-2019) participou en 192 producións de cine ou televisión durante a súa carreira, ademais de ducias de obras de teatro. Nado en Mosteiro (Meis, Pontevedra) criouse en Haro (A Rioxa) a onde a súa familia se trasladou pouco despois do seu nacemento. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas española comunicaba o seu falecemento, onte xoves aos 94 anos de idade. Desde a institución cinematográfica lembran a súa contribución na interpretación como “un dos máis prolÃficos da nosa industria” nas súas cinco décadas de carreira. Fajardo comezou o seu percorrido profesional no cine como actor de dobraxe a principios dos anos corenta. Pouco despois aparece por primeira vez ante a cámara na pelÃcula Héroes del 95, de Raúl Alfonso (1947). Participa en cintas de éxito como Locura de amor (1948), de Juan de Orduña, Balarrasa (1950), de José Antonio Nieves Conde ou Alba de América (1951), de Juan de Orduña. Nos anos 50 a súa carreira trasládase a México, onde combina aparicións cinematográficas e televisivas e faise popular, ao seu regreso a España entra de cheo na corrente dos spaghetti westerns que se gravan en AlmerÃa conseguindo papeis relevantes de malvado en moitos deles grazas ao seu fÃsico e a a súa, toma parte en cintas de percorrido internacional como Django (1966) de Sergio Corbucci. Nesa época grava unha media de quince pelÃculas anuais. Na súa última etapa profesional, dedicouse ao teatro, participando en máis de 75 obras, e tamén tomou parte en teleseries de éxito como La Barraca ou Los gozos y las sombras, baseada na obra homónima do ferrolán Torrente Ballester e ambientada en Galicia.