A falta de que se fagan públicas posibles novas propostas e fechado o prazo de presentación de novas candidaturas, a elección de homenaxeado para o DÃa das Letras de 2020 debátese polo momento entre dúas iniciativas a prol de Ricardo Carvalho Calero. Pendente de comunicación oficial por parte da Real Academia Galega, déronse a coñecer nas últimas semanas dúas iniciativas a favor do autor de Ferrol, unha delas asinada por trece membros do plenario da institución, entre eles os responsables da executiva. No mesmo dÃa en que se rexistrou esta, outro grupo de nove membros numerarios que levaba varios anos a propor a Carvalho para a celebración rexistrou a súa propia iniciativa a prol do autor.
Agora, sete destes académicos e académicas acaban de publicar un escrito no que cualifican de "moralmente detestable" a proposta apoiada pola executiva, que consideran obedece a "presión externa e interna" e "que ten como finalidade principal impedir que un quiñón de académicos leven o mérito de presentar a Carballo, por teren criticado o rumbo que lle imprime á RAG a súa actual Executiva". De calquera xeito celebran que o apoio acadado pola figura fará que "por fin, Ricardo Carballo Calero teña o xusto e merecido DÃa das Letras Galegas" logo de que "quen hai só un ano consideraba que a elección de Carballo serÃa un atentado contra a lingua galega, vexa nel agora unha figura merecente de ser celebrada".
Asinan este texto, titulado A Galicia insólita: dúas propostas para Carballo Calero DLG 2020 e publicado en El Correo Gallego recolle as sinaturas de Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Chus Pato, Xosé LuÃs Axeitos Agrelo, Euloxio RodrÃguez Ruibal, Manuel Rivas Barrós e Xosé LuÃs Regueira Fernández.