Marco Foxo recupera romances medievais para os nosos tempos no seu cuarto traballo

Romances novos e vellos conta con colaboracións de vinte músicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Marco Foxo recupera romances medievais para os nosos tempos no seu cuarto traballo

Marco Foxo acompañouse dunha vintena de músicos para gravar o seu cuarto traballo. Romances novos e vellos chega ás tendas a recoller romances medievais recollidos por Xosé Lois Foxo nas montañas ourensás, por Valdeorras, Riós, O Bolo ou o Courel. O armenio Emmanuel Hovhannisyan, os iranianos Tina Jamegarmi, Mohsen Sharifian e Habibb Meftah ou os galegos Daniel García, Óscar Ibañez, Emilio Rúa, Lucia Perez e Xabier Biscaíño fan parte deste proxecto, que inclúe temas como o Romance de Dona Ildara, Adelina, o Romance de Martín García ou Rogelio e a moza deshonrada. Canda a estes, o álbum presenta temas popularizados pola orquesta Os Padernes, como o Bicarelo do Bico do Brelo, con letra de Uxío Novoneyra. O músico apunta que a obra pretende achegar "sosego" aos oíntes actuais con estas composicións que se cantaban ao pé das lareiras.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Crónica dos romances

Acompañamos a Quico Cadaval no proceso de escrita pública e exprés de 22 romances incompletos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxío Novoneyra, Emilio Rúa, Valdeorras, Courel...