”Tempo e vinganza”, un ensaio de Anxo A. Rei Ballesteros sobre a concepción do tempo na modernidade é a obra que inaugura a nova xeira da colección Ensaio na Editorial Galaxia. Mentres, na Coruña acaba de se presentar Ediciones del Viento, unha nova editora unipersoal que pretende editar en castelán obras coidadas e pouco habituais no mundo editorial.
Máis información sobre a colección de Galaxia en El Correo Gallego; sobre a nova editorial en La Voz de Galicia