A anunciada ampliación do Museo do Pobo Galego comeza se facer realidade. A entidade compostelá acaba de facer público o anuncio para licitar a súas novas salas dedicadas á Historia de Galicia. O Museo investirá ata 45.000 euros para desenvolver o proxecto museográfico desta exposición permanente. Segundo explica a convocatoria, "o espazo situado no andar segundo da ala sur, comunica ao mesmo nivel co andar primeiro do edificio conventual, permitindo a rehabilitación conformar un grande espazo expositivo e continuo no que se van ampliar os contidos temáticos do Museo do Pobo Galego coa instalación de novas salas de exposición permanente dedicadas á Historia de Galicia dende as orixes a Galicia actual".
De xeito máis concreto, as novas salas achegarán nove módulos expositivos que abordarán diferentes perÃodos da nosa Historia. En concreto, o primeiro deles achegará unha introdución ao medio natural, mentres o segundo tratará o perÃodo Das orixes á Gallaecia, o terceiro o Reino Suevo, e o cuarto o Reino de Galicia na Idade Media. A situación de Galicia na monarquÃa hispánica (ss. XVI-XVIII), a situación "Da revolución liberal á Ditadura" entre os séculos XIX e XX, a "Guerra e ditadura (1936-1975)", a Democracia e a autonomÃa e finalmente "A Galicia actual: do presente ao futuro" serán os eixes temáticos do resto da exposición permanente.
As empresas interesadas en desenvolver este proxecto contan con vinte dÃas naturais para presentar as súas ofertas, entre as que se inclúe desenvolver como exemplo os contidos do módulo dedicado á Galicia Medieval.