Con tres galardóns, os de mellor guión, mellor realización e mellor dirección de fotografÃa para Asia Khmelova, a curta The Widow, de Noelia MuÃño, revelouse como a grande triunfadora do último Festival de Cans. O encontro audiovisual da aldea porriñesa fechaba na noite de sábado a súa décima sexta xeira cunha entrega de premios na que tamén destacou Limbo, de Dani Viqueira, filme que obtivo os recoñecementos á mellor curtametraxe de imaxe real e á mellor banda sonora orixinal para Germán DÃaz.
En animación impúxose Soy una tumba, de Khris Cembe, e o xurado entregou unha mención especial a Homomaquia, de David Fidalgo Omil. A mellor interpretación feminina foi a de Marta Nieto en De repente la noche mentres Jaime OlÃas levou o premio a mellor actor polo seu traballo en O que medra por dentro.
Devalar, de Mar GarcÃa, fÃxose co premio á mellor curtametraxe de FuraCans, e Caerán lóstregos do ceo, de Adrián Canoura, obtivo unha mención especial na categorÃa de non ficción. O xurado de videoclips recoñeceu Visión, dirixido por Peque Varela para o grupo Window Pane, e deu unha mención a Gris dirixido por Xaime Miranda para o grupo Basanta.
O xurado dos veciños e veciñas, pola súa banda, entregaron o premio á Mellor curtametraxe de imaxe real a O que precede á caÃda é branco, de Aldara Pagán, e concederon a súa mención especial a De repente la noche, de Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente.