A (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico xa ten dispoñible a programación da súa décima edición, que se desenvolverá desde o 31 de maio ata o 9 de xuño na Coruña. Neste décimo aniversario, o (S8) dedicaralle un foco á conservación e restauración de cinema experimental, que será o tema principal ao redor do que xirará gran parte da súa programación. O foco estará composto por unha serie de master classes de expertos neste campo, complementadas con sesións de cinema restaurado, que culminará cunha mesa redonda formada por expertos e expertas no tema de gran prestixio internacional como son Mark Toscano, Bill Brand, Janine Marchessault e Ross Lipman. Cada edición, a Mostra tenta tamén traer ata A Coruña a algunha figura histórica do cinema experimental. Nesta ocasión visitará o festival Malcolm Le Grice, un dos fundadores da London Film-makersÂ’ Co op e figura fundacional do cinema estrutural/materialista como creador, como teórico e como escritor. O festival repasará a súa extensÃsima carreira a través de dúas sesións que revisarán o seu cinema desde os sesenta ata hoxe.
Por outra banda, BAICC, o programa de residencias artÃsticas internacionais que o (S8) leva a cabo xunto a Acción Cultural Española (AC/E) e o LIFT de Toronto, reafirma a forte aposta da Mostra pola formación e a creación artÃstica en espazos alternativos. PMC–Principio Máquina de Coser foi a proposta das cineastas Aitziber Olaskoaga e Pilar Monsell, elixida entre os case 30 proxectos recibidos a pasada edición desta convocatoria. Elas son Prismáticas, e o seu prototipo colaborativo, a SEE(W)ING MACHINE, un proxector de 16mm que comenzaron a hackear para combinalo con pezas dunha máquina de coser. O resultado final deste traballo realizado ao longo de cinco semanas en Toronto poderase ver, en estrea mundial, o próximo 5 de xuño durante a 10ª Mostra de Cinema Periférico. Completan a variada programación da Mostra de Cinema Periférico a xa anunciada sección “Vellos e novos amigos” que recolle, por unha banda, traballos recentes de cineastas que pasaron pola Coruña (como Saul Levine, Naomi Uman, Jodie Mack, Stephen BroomerÂ…) e por outro o traballo de “novas amizades” que se incorporan este ano asà ao universo do festival. Ademais, a oferta deste décimo aniversario complétase con talleres de Madi Piller e Jeannette Muñoz, unha exposición da fotógrafa Maria Meseguer que reúne a historia do festival en imaxes e as seccións Sinais e Sinais en Curto, cuxo contido se desvelará nas próximas semanas.