Falece Toñito Pedreira o cantante e fundador do grupo Riff-Raff

A banda ferrolá de versións de AC/DC é unha das máis veteranas da escena de tributos

8/5/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaEspectáculosNecrolóxicas
29 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe promocional de Riff-Raff no seu 20 aniversario con Toñito Pedreira

Hoxe pola mañá falecía no seu domicilio do barrio ferrolán de Canido o vocalista e fundador do grupo Riff-Raff, Toñito Pedreira Santiago. A banda comunicaba a través das redes sociais a triste nova a media mañá e algúns medios de radio locais, como a emisora da cadea COPE xa se facían eco. A banda ferrolá formada en 1997 acadou un oco na última década tanto en escenarios de salas como de festivais ofrecendo a modalidade de "banda tributo" sobre o repertorio dos australianos AC/DC. A honestidade e da súa proposta e o seu bo facer fixeron dela un referente na escena de "tributos" que transcendeu os límites de Galicia e compartiron cartel con grandes grupos como Whitesnake, para os que actuaron como abreconcertos na Coruña. A noticia causou un fondo pesar tanto no seu entorno máis próximo como entre o resto da escena musical coa que ten compartido escenarios. A repentina morte de Pedreira causou ademais unha gran sorpresa toda vez que a banda tiña previsto un concerto este venres no Forum Cñelticum da Coruña e recentemente confirmara a súa participación no solidario Festival de la Luz de Boimorto onde xa eran uns fixos no cartel.

Universo culturagalega.gal

24/04/2015

Colleitando esquecementos

Javier Prado: "Nin as institucións nin os medios se enteraron do boom da música galega na última década"

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Entidades
Lugares