Un total de 2.144 neoloxismos que non figuran no dicionario galego foron detectadas no último ano polo Observatorio de NeoloxÃa da Universidade de Vigo. A cifra obtÃvose de peneirar trece publicacións en liña que inclúen blogs e medios de comunicación dixitais. Segundo explica Alexandre RodrÃguez Guerra, director do grupo, a cifra "amosa suficientemente o grao de vitalidade da lingua galega, unha situación bastante semellante á que pode ocorrer en linguas coma o catalán, o español, o portugués ou o italiano". Na maior parte dos casos as novas palabras xorden de procedementos formais de creación que inclúen a xeración de verbos a partir doutra palabra ou o uso de prefixos ou combinacións, mentres unha oitava parte son estranxeirismos sen adaptar.
Entre os neoloxismos que destaca este grupo de investigación "por producir un impacto neolóxico moi salientable", están propostas como sexodiversidade, webisodio, neorretranca, cinear, eucaliptizar, deseucaliptizar, ecocabicha ou compostos como biodanza, biofilm, bioinformática, cibermedio, cibervoluntario, cibercrime, ecofascista, ecocidade ou ecogranxa entre outras. O Observatorio de NeoloxÃa leva identificados desde 1997 un total de 10.000 neoloxismos na nosa lingua.