Este 25 de abril preséntase en Lugo a segunda edición do Encontro de Banda Deseñada Histórica, que se desenvolverá nos dÃas 4 e 5 de maio. Unha clase maxistral de Javi Montes sobre cor dixital na BD, na Escola de Arte Ramón Falcón abre este dÃa o programa. A proposta continúa, xa no 4 de maio, cun obradoiro de VÃctor Boullón sobre "Debuxar a Idade Media". Sesións de sinaturas, conferencias a cargo de Miguel Fernández e de Manel Cráneo, ou unha mesa redonda sobre o xénero da BD histórica no mercado Europeo na que participará Cráneo canda a Javi Montes e José Barreiro son outras propostas do Encontro. Un roteiro polo Lugo histórico con autores convidados, un monólogo e un posto de venda de bandas deseñadas completarán o programa. Demo Editorial e Historia de Galicia organizan esta proposta que conta co apoio da Deputación de Lugo, a Escola de Arte Ramón Falcón e de Estrella Galicia.