En Galicia só se editaron dezaoito bandas deseñadas durante o pasado ano

O informe de Tebeoesfera recolle dezaseis publicacións de cadriños na nosa lingua para ese período

A publicación de banda deseñada en Galicia diminuíu durante 2018. O informe anual da Asociación Cultural Tebeosfera La industria del cómic en España sinala que neste período unicamente se publicaron no noso país 18 títulos, dos cales 16 estaban na nosa lingua. En 2017 o total de lanzamentos de editoras galegas no campo dos cadriños fora de 24 títulos. Das 16 obras publicadas na nosa lingua, dez foron realizadas de autores galegos, ás que se suma a revista A viñeta de Schrödinger, e o resto traducións.

Listaxe de publicacións de banda deseñada en galego no informe La industria del cómic en España 2018

ASTRO-RATO E LAMPADIÑA (2017, EL PATITO) 2 - A CHEGADA DE ASTRO-POLO
CORPO DE CRISTO, O (2018, DPC) - O Corpo de Cristo
FRAGA MILMAÑAS, A (2013, DEMO) VARIANTE 1 - A FRAGA MILMAÑAS
GOL (2018, DEMO/CEMMA) - GOL
IO (2018, NARVAL) -GALLEGO- - ÍO
LUCIO, O TESOURO DE (2018, DEMO) - O TESOURO DE LUCIO
MERLIN COMICS (2012, XERAIS) 6 - ANIMALIA
NOVELA GRAFICA (2011, RINOCERONTE) 8 - PYONGYANG
NOVELA GRAFICA (2011, RINOCERONTE) 9 - FUN HOME. UNHA FAMILIA TRAXICÓMICA
PUÑO E ALETRA, O (2018, XERAIS) - O PUÑO e a LETRA
RICARDO MELLA (2018, TRIGO) -GALLEGO- - RICARDO MELLA
SCHRÖDINGER, A VIÑETA DE (2018, A MESA / AS-PG) 1 - A VIÑETA DE SCHRÖDINGER
STOP (2018, FIGURANDO RECUERDOS) - STOP
TAM (2018, RETRANCA) -
TUMBA DE BREOGAN, A (2018, DEMO) - A TUMBA DE BREOGÁN
ULF DE JAKOBSLAND (2018, XERAIS) 1 - OS VIQUINGOS EN GALICIA