A RAG analiza mil topónimos nos catro novos volumes da colección Terra Nomeada

As obras están dedicadas aos concellos de Ames, A Estrada, Trabada e mais Begonte e Rábade

A orixe e significado de mil novos topónimos explícanse nos catros novos volumes da colección Terra Nomeada que presentaba onte a Real Academia Galega e que se desenvolven en colaboración coa Asociación Galega de Onomástica. Xulia Marqués asina o volume centrado en Trabada; Paulo Martínez Lema encargouse do dedicado aos de Begonte e Rábade, os tres en Lugo; Fernando Cabeza Quiles é o responsable do que se centra na Estrada (Pontevedra) e Xosé Ramón López Boullón realizou o de Ames (A Coruña). Os catro volumes, dispoñibles integramente en edición dixital, queren achegar de xeito didáctico este patrimonio inmaterial á poboación do país.