Política Lingüística convoca as subvencións para a dinamización do galego

A Dirección Xeral ten un orzamento de 245.000 euros para as entidades locais

| Santiago. Redacción | Seccións: LinguaPolíticas Culturais
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. Enténdese a dinamización lingüística como o proceso de promoción da lingua, que se leva a cabo mediante o emprego integrado de todas as actividades que faciliten este proceso (formación, elaboración do corpus, sensibilización lingüística, etc.), co obxectivo de incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en toda a sociedade. A Secretaría xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo dedicará un total de 245.000 euros a este fin que estarán destinados a entidades locais ou agrupacións destas, excluíndo as deputacións Provinciais. As modalidades que adoptan estas axudas son as de creación dun servizo lingüístico, mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico xa existente ou desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico. Segundo as bases da convocatoria nas accións e actuacións obxecto de subvención promoverase a promoción activa da igualdade entre homes e mulleres, que inclúe a igualdade de trato e de oportunidades, o respecto á diversidade e á diferenza, a integración da perspectiva de xénero, o fomento de accións positivas e o uso da linguaxe non sexista.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Igualdade, Lingua galega, Turismo...