Manuel Pazos Redonda, coñecido como Pazos de Merexo, popular acordeonista da Costa da Morte, faleceu o pasado luns. A súa habilidade co instrumento, nomeadamente o "floreo" que incorporaba ás interpretacións, fixérono moi popular na súa contorna e valeulle o recoñecemento de pescudadores da música tradicional como Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Kepa Junquera, os irmáns Castro Vicente ou Xurxo Souto. Con presenza en programas televisivos e actuacións en diferentes galas e teatro, protagonizou o volume Pazos de Merexo e o acordeón diatónico da Costa da Morte. Os seus restos foron soterrados onte na igrexa parroquial de San Martiño de Ozón.
Diferentes colectivos e persoeiros da cultura do paÃs lamentaron o pasamento. A Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que o declarara Mestre da Memoria en 2018, dedicoulle un amplo obituario, mentres a Asociación de Gaiteiros Galegos amosou tamén o seu "fondo pesar" polo deceso. Do mesmo xeito, a Fundación Eduardo Pondal, o Festival de Cans, no que participara, e o seu director Alfonso Pato, Xosé Henrique Ribadulla Corcón ou o programa da Radio Galega Lume na palleira transmitiron o seu dó.