O vindeiro tres de abril arrincan dúas das principais citas audiovisual da primavera galega, o Carballo Interplay e o Play-Doc de Tui. O festival de contidos dixitais da Costa da Morte, pendente de dar a coñecer a súa sección oficial, anunciou un intenso programa no que o humor feminista, a sororidade e os videoxogos centran as propostas. Entre as máis destacadas pola organización está a estrea en Galicia de Hermostra, espectáculo de humor de Charo López e Malena Pichot, e mais a mesa redonda sobre sororidade nas redes a cargo de Anabel Lorente, Lula Gómez e RocÃo Quillahuaman. Unha palestra sobre mulleres na industria dos videoxogos e un obradoiro de creación de contidos deste tipo para rapazas a cargo de Isabel Cano son outras propostas neste sentido. Manuel Bartual e El HematocrÃtico a falar sobre Narrativas de ficción en Twitter, Los Prieto Flores, o podcast Jirafas de David Sainz para Playz, ou a preestrea da serie Terror y feria producida polos Javis para Flooxer supoñen outros contidos destacados do programa.
O Play-Doc, pola súa banda, presentou os filmes que fan parte da súa sección competitiva e que se poderán ver no programa que se desenvolve do 3 a o 7 de abril. A Story from Africa, de Billy Woodberry, Carelia: Internacional con monumento de Andrés Duque, Nona. Si me mojan, yo los quemo de Camila José Donoso, Introduzione all’oscuro de Gastón Solnicki, Humberto Mauro de André Di Mauro e mais A Volta ao Mundo quando tinhas 30 anos de Aya Koretzky son os filmes a concurso. Ademais, a cita programa a primeira retrospectiva en España do cineasta filipino Kidlat Tahimik como un dos seus pratos fortes.
Garbiñe Ortega, curadora e directora artÃstica do festival Punto de Vista, en Navarra, Gerwin Tamsa, responsable entre outras da sección Bright Future en IFFR, Festival Internacional de Cinema de Róterdam e mais o crÃtico, docente e programador alemán Olaf Möller, unha das referencias indiscutibles da cinefilia no ámbito internacional serán os responsables de seleccionar as producións gañadoras.