A Asociación Cultural 25 xastres coordina por cuarto ano consecutivo a Feira do Disco e do Libro Galego de Monterroso. O recinto feiral da vila acollerá o vindeiro 16 de marzo este evento que contará coa presenza de 25 expositores entre editoras, librarÃas, discográficas ou propostas de deseño e de artesanÃa. No programa están previstos encontros con autores e músicas como EstefanÃa Padullés, Carlos Meixide, Ana Vila, Xosé Duncan, Strazz ou Adolfina Mesa, e presentacións literarias como as de Yolanda Castaño, Diego Girález, Inma López Silva ou Eva Mejuto e musicais como as de Benxa Otero con Germán DÃaz, Zoelas, Fran Amil, Candorka TrÃo ou Zoelas.