Mulleres dos mortos: unhas xornadas amosan o papel das científicas na investigación en esqueletes humanos

Celébrase entre o 13 de marzo e o 8 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Cartel do ciclo.

Cartel do ciclo.

O ámbito da antropoloxía física e do estudo dos restos humanos do pasado concentra un gran número de investigadoras femininas. Dúas científicas da USC, Olalla López-Costas, do grupo Ciencia do Sistema Terra, e María Loureiro García, do grupo de análise xurídico-económico, organizan o ciclo "Mulleres dos mortos. Investigadoras en esqueletos humanos" que permitirá coñecer diferentes facetas deste traballo de investigación. Entre o 13 de marzo e o 8 de abril de 2019 celebraranse conferencias no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía da USC a cargo de investigadoras da Universidade de Granada, Girona, Barcelona ou autónomas, dando conta de momias, cementerios, esqueletes de nenos e investigación xenética.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, USC, María Loureiro, Antropoloxía...

Claves

Protagonistas
Entidades