10 segundos de García Lorca

Identifican as primeiras imaxes en movemento de García Lorca en Galicia

Identifican as primeiras imaxes en movemento de García Lorca en Galicia
Federico García Lorca camiña sorrinte pola rúa do Príncipe en Vigo. Son apenas dez segundos, pero recollen as primeiras imaxes en movemento do poeta granadino en Galicia. Foron varias viaxes que Lorca realizou por Galicia que deixaron un fecundo legado para o futuro, coma os seus Seis poemas galegos impresos por Ánxel Casal. A localización das imaxes foi realizada polo fotohistoriador Carlos Castelao nun filme realizado por Gonzálo Menéndez-Pidal, membro da compañía La Barraca, que filmou algunhas estampas da xira da compañía teatral republicana por Galicia en 1932. Aínda que o filme estaba dispoñible na rede, Alvarellos Editora, que publicara unha edición facsímile dos Seis poemas galegos de Lorca, encargoulle a Carlos Castelao seguir o rastro das fotografías editadas, e así se puido realizar a identificación.O filme recolle localizacións de Vigo e de Santiago de Compostela, onde a compañía monta un escenario na Praza da Quintana.

Observa a secuencia de vídeo de Lorca en Galicia: