Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

Recolle unha miragre sucedida nunha viaxe ás Indias

Recolle unha miragre sucedida nunha viaxe ás Indias
Detalle do exvoto
En 1594 o capitán Domingo de Carranza navegaba con destino ás Indias e un furacán desarborou o navío á altura do Cabo San Antonio. Malia estar o barco destrozado, aínda puido percorrer unha gran distancia ata chegar a Trujillo. Esta historia cóntase nun exvoto mural pintado ao fresco que encargou o capitán cando, agradecido á virxe, retornou ao santuario da Nosa Señora das Virtudes, en Arante (Ribadeo). O fresco, redescuberto no 1970 ao retirar a capa de cal do interior da capela, está agora fortemente afectado pola humidade e corre risco de desaparición. Unha inspección da Dirección Xeral de Patrimonio sinalou a necesidade de realizar unha intervención de urxencia para frear o deterioro desta pintura, que foi seleccionada en 2016 como un dos cen obxectos representativos da cultura do país polo Consello da Cultura Galega para a súa exposición Galicia 100.

Sin que nadie haya hecho algo por evitarlo, la humedad está destruyendo desde hace al menos dos años uno de los cien objetos más simbólicos de la historia de Galicia. Así fue catalogado en la exposición Galicia Cen -que organizó hace unos años el Consello da Cultura Galega- un mural de principios del siglo XVII que ilumina un recoleto santuario de la zona rural de Ribadeo. Varios expertos avalan la valía del que se considera el único mural sobre temas del mar del siglo XVII en Galicia; un tesoro desdeñado y hoy gravemente amenazado.