Atopan un valioso colgante de arnés medieval en Ponte Caldelas

Foi entregada pola veciña que o localizou

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Trala última vaga de incendios de 2017, Maica Juncal, unha veciña de Ponte Caldelas, estaba a pasear polo xacemento arqueolóxico do Castelo Grande, ou Caldevergazo, no mesmo municipio. E para a súa sorpresa atopou un chamativo adorno que puxo en disposición das autoridades a través do concello. Ao ser analizado na Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Galicia, confirmouse que se trataba dun colgante de arnés de cabaleiría, amplamente usado na Idade Media polos cabaleiros da aristocracia pero do que se conservan moi poucas pezas en Galicia (estímase que cinco). Tratábase de obxectos de metal de coidada decoración que, no caso do sitio arqueolóxico de Caldevergazo, permiten apreciar un guerreiro con alas que porta un escudo nobiliario. A peza atópase en bo estado de conservación.

Modelo dixital do xacemento de Castelo Grande / Caldevergazo:

A partir de datos xeográficos da Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Idade Media, Culturagalega, Xunta de Galicia...