O fenómeno futbolÃstico en Galicia desde 1876 ata a actualidade e o seu impacto a tódolos niveis, mesmo culturais, é o obxecto da mostra Valor e mestrÃa. Galicia como fútbol que ocupa as salas da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago. A exposición é máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol na nosa comunidade, tanto en percorrido histórico como en número de pezas: 300, das cales 200 son orixinais. A mostra reúne trofeos, medallas, carteis, bandeirolas, bufandas, camisetas, botas, fotografÃas, vÃdeos e outro tipo de obxectos. Non se obviará neste percorrido histórico a relación do fútbol galego coa cultura, especialmente coa literatura ou a pintura. Precisamente, o nome do tÃtulo da exposición vén da descrición que deste deporte fixo o intelectual e escritor ourensán Eduardo Blanco Amor, mentres que a imaxe gráfica principal da mostra tamén é autorÃa doutro artista ourensán Antón Pulido. As pezas que compoñen a exposición foron achegadas por diferentes coleccionistas públicos (30) e privados (60). AsÃ, requiriuse a colaboración dos principais clubs da comunidade –asà como da federacións galega– e tamén dos xogadores máis relevantes da historia do noso fútbol ou ben dos seus herdeiros. A mostra arranca en 1876, ano no que se data a primeira referencia o xogo do foot-ball en Galicia -e que algúns historiadores consideran que tamén en España - ata o gol do celtista Iago Aspas no recente Mundial de Rusia. Organizada pola Xunta de Galicia -coa colaboración da Federación Galega de Fútbol e LaLiga Santander-, conta con dous expertos en fútbol galego Xosé Antón Castro Fernández e Rubén Ventureira Novo como comisarios da exposición, que estará en exhibición no 1º andar do Museo Centro Gaiás ata o vindeiro 1 de setembro.