A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega acordou na asemblea que desenvolveu o pasado sábado, outorgar os seus galardóns anuais. Deste xeito, as socias e socios declararon a Maria Teresa Horta como Escritora Galega Universal 2019, "desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altÃsima calidade literaria da súa obra, asà como pola súa incontestábel defensa feminista dos dereitos civÃs, sociais e culturais na sociedade portuguesa actual". Pilar Pallarés, pola súa banda, será a vindeira galardoada coa homenaxe Escritor na súa Terra – Letra E, nun evento que se desenvolverá na Coruña o vindeiro mes de xuño.
Pola súa banda, e a iniciativa da Sección de Literatura Oral, os recoñecementos de Mestra e Mestre da Memoria 2019 foron a Dorothé Schubart e a Pablo Quintana, que recibirán os seus galardóns na IV Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que se desenvolverán en Lugo.
Ademais dos galardóns, a asemblea acordou incorporar a Cilha Lourenço, Daniel Asorey e Xoán Carlos DomÃnguez Alberte ao Consello Directivo da AELG e aprobou o programa de actividades para o ano, que inclúe como citas máis próximas a celebración do DÃa de RosalÃa o 24 de febreiro e o Parlamento de Escritoras/es que se desenvolverá o 15 e o 16 de marzo.