A quinta edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense (Ourense ICC Week) comezou a asomar onte coa presentación da que será a súa imaxe promocional e algúns detalles da súa programación. Manuel Baltar e os coordinadores do evento, Juan Rivas e Manuel Araujo avanzaron algúns detalles do que ocorrerá entre os dÃas 2 e 7 de abril. O patrimonio cultural da provincia volve a ser a imaxe da Ourense ICC Week que se representará co Xadrez de San Rosendo, oito misteriosas pezas de cristal conservadas na Catedral de Ourense e que constitúen un dos vestixios máis antigos deste xogo en toda Europa. Con esa peza patrimonial como protagonista o foro ofrecerá tamén un encontro o dÃa 4 de abril na Catedral de San Martiño no que participarán relatores como o xornalista de El PaÃs e Mestre Internacional de Xadrez, Leontxo GarcÃa; o doutor de ArqueoloxÃa Islámica na Universidade Autónoma de Madrid, Fernando Valdés, quen desvelará unha importante primicia sobre este xogo durante a charla; e o historiador experto na Galicia Medieval e profesor da UNED de Ourense, Anselmo López Carreira. O moderador dese encontro será Pablo Culebras, autor do libro Xaque a Jakobusland, que se mestura a historia do xadrez, a figura de San Rosendo e as invasións viquingas a Galicia.
Ademais da imaxe, os coordinadores da Ourense ICC Week desvelaron algúns detalles da programación desta quinta edición na que, nesa liña de aposta pola diversidade creativa, darase cabida ao xornalismo en tódalas súas vertentes (audiovisual, radiofónica ou nas redes) da man de Iker Jiménez, xornalista, presentador de televisión e divulgador do misterio e o paranormal, que participará co seu formato en directo chamado Cara a Cara o mércores, 3 de abril, no Teatro Principal de Ourense. Tamén se ven de adiantar a actuación do humorista e ilusionista Luis Piedrahita, quen ofrecerá o seu monólogo "Las amÃgdalas de mis amÃgdalas son mis amÃgdalas", o domingo, 7 de abril, no Auditorio de Ourense. Outro dos espazos que se manteñen na programación nesta quinta edición será o das E-Sports, no que se dan cita afeccionados e profesionais dos videoxogos. AÃnda queda moito contido por coñecer da axenda para este ano, como o do resto dos encontros sobe creatividade e a programación musical do evento.