O CGAC celebra este ano o seu décimo aniversario. Unha cifra simbólica para facer un alto no camiño, botar a vista atrás e ver os atrancos superados, os logros conseguidos. O proxecto do CGAC foi posible gracias a unha lista de nomes propios desde o de Siza, arquitecto do edificio, ata Miguel Fernández Cid, o seu actual director. Todo eles foron convertendo o centro en motor e xerador de ideas.
En marzo de 1993 o Consello da Cultura Galega celebraba unha xornadas baixo o título Galicia: un centro de arte contemporánea a debate. Catro mesas redondas en que críticos, artistas, arquitectos, directores de centros e de revistas de arte procuraban definir cal había de ser o modelo dun centro de arte que Galicia necesitaba con urxencia. Foi precisamente no momento en que se deu unha vaga de creación de centros de arte de carácter periférico. O 29 de setembro dese mesmo ano o CGAC abría as súas portas cunha exposición sobre Maruja Mallo, aínda que foi unha inauguración simbólica, marcada polo período electoral, xa que a inauguración real foi posterior.
Desde aquel 29 de setembro ata hoxe as cousas cambiaron bastante para o CGAC. Superou difíciles etapas, escuras, cheas de polémica, nas que se chegou a cuestionar a súa supervivencia. Pero o museo soubo izar as velas cando os ventos eran tempestades e foi creando paseniñamente un proxecto que conseguiu escribir páxinas importantes xa non só para a proxección da arte galega cara a fóra, senón para atraer a arte internacional a Galicia. Desde a súa creación o CGAC teceu unha rede de alianzas con museos importantes, como o Reina Sofía, cos que celebra actividades conxuntas (a máis recente é foi o ciclo de vídeo-creación Monocanal) o ou o IVAM (co que fixo a exposición conxunta de Francisco Leiro), e albergou a colección da Fundación Arco que lle serviu para encher as salas cando o CGAC ía configurando a súa propia colección.
Con nomes propios
Como toda institución carismática, a historia do CGAC tivo tamén nomes propios, os dos directores e artistas que foron creando fitos cos que o nome do propio centro se fose convertendoen motor de ideas.
O primeiro, Álvaro Siza, autor do proxecto arquitectónico que se foi construíndo ao mesmo tempo que se lle daba un contido e unha idea ao CGAC. O tipo de arquitectura racionalista, debedora do movemento moderno, localizada en Bonaval, establecendo un diálogo do presente co pasado, marcou xa o propio edificio.
O segundo nome propio é Gloria Moure a segunda directora do centro (logo da etapa de transición de Antón Pulido) que asumiu a dura iniciativa de poñer a andar o centro. Con ela chegaron acordos substanciosos, como foi a relación que iniciou coa Fundación Arco e unha etapa de visibilidade e notoriedade do CGAC nun ámbito no só peninsular senón internacional que pasou polo personalismo da súa directora. Pero con ela tamén chegou a polémica coa disensión creada nos círculos artísticos, logo da decisión da súa destitución ante as dúbidas da súa xestión museística.
Con Miguel Fernández Cid chegaron non só tempos máis tranquilos senón tamén un proxecto de traballo ás veces invisible que foi dotando o CGAC unha estructura interna, duns departamentos, duns servicios que serviron para afianzalo na rede de espacios da arte contemporánea.
Nunha entrevista publicada hai unhas semanas en Culturagalega.org, Miguel Fernández Cid incidía neste aspecto ao afirmar que o que diferencia un museo dun centro de arte, é que o museo estudia a colección que alberga e coa que quere contar algo. Nós somos centro de arte porque así se decidiu no momento da creación do CGAC e, sen embargo, desde dentro somos conscientes de que estamos facendo tarefas propias de museos. Iso si, dentro dos límites en que pode selo e dentro das posibilidades do CGAC.
Ademais das etapas marcadas por cada un dos nomes propios anteriores, o CGAC abriu novas portas cara ao debate a través dunha lista de artistas que expuxeron no centro. Son Vito Aconcci, Boltanski, Rebeca Horn, Robert Mangold, Ignacio Vasallo, Antón Leiro, Pamen Pereira e unha lista interminable de artistas que expuxeron en Compostela no mesmo momento en que se facía valer o seu recoñecemento internacional. Como o CGAC acababa de nacer houbo un paralelismo entre algúns artistas noveles e o propio edificio, de tal xeito que serviron de plataforma de lanzamento mutua, como foi o caso do galego Salvador Cidras.
Pero hai máis nomes. Son os de todos os visitantes que enchen as exposicións, que acadaron máximos de participación coa colección Carmen Thyssen Bornemisza, con 83.921 visitantes que, aínda que se relativizou a súa presencia nun centro de arte contemporánea, resultou un fito expositivo e de importante referencia social.
Os proxectos
O 29 de setembro o CGAC abría as súas portas cunha revisión do traballo de Maruja Mallo. Pero é unha data simbólica, porque o museo botou a andar meses despois co Itinire, unha mostra colectiva sobre o camiño de Santiago. Desde entón foron abrindo proxectos e dándolle ao CGAC tarefas máis propias de museos que de centros de arte. Primeiro chegou a Colección CGAC, que conforman os propios fondos do museo. Máis tarde o convenio coa Fundación Arco para albergar e exhibir a súa colección ata que tiveran sede propia en Madrid. Pero non foi ata a chegada de Miguel Fernández Cid ata que se foron creando novos departamentos e novos espacios. En xuño de 1998 comeza a funcionar o web do CGAC, co que o museo comeza a ter presencia en internet. Unha das teimas de Miguel Fernández Cid foi a de conseguir que o CGAC non aparecese como un espacio baleiro ante o visitante, e, ao pouco de entrar, o centro colleu vida. En setembro de 1998 comezou a funcionar a cafetería, aumentou a dotación técnica do auditorio para poder empregalo para presentacións e conferencias e, xa en maio de 1999, a biblioteca abre ao público con 6000 volumes (hoxe ten uns 12.000 fondos bibliográficos catalogados). E cos novos servicios, en xuño dese mesmo ano, ampliouse o horario para que o público poida visitar o centro.
Pero houbo máis. En xullo do 99 creouse un equipo de restauración permanente encargado de atender as condicións da obra que custodia o CGAC. E en setembro do 2000 abriuse ao público a tenda librería do CGAC e comezou a editarse o número 0 da revista que dá conta das actividades e exposicións do centro.
O CGAC ten máis movemento, máis dinamismo que o que lle dan as exposicións. É o que se move entre os departamentos de publicacións, de prensa, de restauración, pedagóxico... que desenvolven o traballo máis oculto pero sen o cal non sería posible o resto. Ocultos trala arquitectura Siza deseñan as actividades, os obradoiros, as presentacións e conferencias que conseguen que o CGAC sexa motor de ideas e xerador de debates.

Unha década de cGac
Exterior