A semana trouxo unha das badaladas do ano en canto a confirmacións de cartel para festivais. O Noroeste Estrella Galicia da Coruña abría os seus avances coa parte alta da súa proposta dando o nome de Patti Smith para a vindeira edición a celebrar entre o 6 e o 11 de agosto. A Praia de Riazor será o escenario escollido para a actuación o venres 9 de agosto. Con 72 anos, e acompañada da súa banda a recoñecida "madriña do punk" norteamericana dará na cidade herculina o que é o seu único concerto gratuíto confirmado polo momento para este verán en España. Considerada como a máis grande poetisa da música estadounidense, Smith fará un repaso dos mellores discos das súas máis de catro décadas de traxectoria. Nada en Chicago en 1946, Patti Smith mudouse a Nova York en 1967, onde gravou o seu icónico traballo Horses en 1975. Este disco está considerado como un dos máis influentes álbums da historia do movemento punk-rock americano. A obra, que tamén marcou a transición do clásico rock ao punk, é igualmente citada como unha influencia fundamental de sucesivos xéneros coma o punk-rock, o post-rock e o rock alternativo. En Riazor poderán escoitarse algúns dos seus temas máis míticos, que forman xa parte da historia universal do rock, como People Have the Power, Gloria ou Because the Night, entre moitos outros.
Máis abaixo pola costa tamén chegou a segunda quenda de confirmacións para o festival SonRías Baixas de Bueu. A cita pontevedresa para a fin de semana do 1 ao 3 de agosto ven de engadir varios nomes á súa oferta con bandas importantes como La M.O.D.A. e La Pegatina. Ademais de Periferia Norte e Muyayo Rif, conformando unha oferta moi acaída á súa liña habitual. Ademais de en Bueu, os cataláns de La Pegatina tamén se deixarán ver previamente polo Ourenrrock de Ourense, que se celebrará o 31 de maio e que con este xa ten no cartel dez nomes para esta cuarta edición, na que tamén estarán Triángulo de Amor Bizarro, Dakidarría ou Cuarta Xusta entre outros.