Dúas homenaxes rememoran a figura de Isaac Díaz Pardo

O seu sétimo cabodano e o Día da Galeguidade Empresarial reivindican o legado do fundador de Sargadelos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Dúas homenaxes rememoran a figura de Isaac Díaz Pardo

Este domingo 13 de xaneiro o cemiterio Compostelán de Boisaca acollerá unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo a coincidir do seu sétimo cabodano. O encontro, organizado pola Academia Real Isaac Díaz Pardo, inclúe unha procesión cívica ata a tumba do histórico galeguista, recitado de poemas, unha ofrenda floral e música de gaitas a cargo de Os Catro de Vigo. No evento intervirán Perfecto Conde, Gregorio Ferreiro Fente, Manuel Lourenzo e Carlos Núñez e recitarán Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Sabela Hermida Mondelo, María Xosé Queizán, Manuel Landeira e Mauel Ucha, con intervencións musicais de Bea a de Estrela. Os textos lidos na xornada de homenaxe publicaranse nun opúsculo.

En paralelo, O Foro Henrique Peinador escolleu o fundador de Sargadelos como protagonista do Día da Galeguidade Empresarial. A xornada, que se desenvolverá o vindeiro día 26 homenaxeará a Día Pardo coa inauguración dun busto da súa figura ante a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. J. Molares asina esta peza que se desenvolveu co apoio do concello e da Escola de Canteiros da Deputación e mais a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Falece Isaac Díaz Pardo

As complicacións dunha pulmonía recente acabaron coa vida do histórico galeguista