O festival compostelán, WOS Festival x SON Estrela Galicia que celebrou a súa quinta edición o pasado setembro, é de novo o único evento galego entre todas as categorÃas do certame europeo European Festival Awards. Outros cinco festivais galwegos aspiraban a entrar nas listas finalistas pero quedaron fóra. O xurado especializado que forma parte do panel de expertos da décima edición dos European Festival Awards elixiu por segundo ano consecutivo ao WOS compostelán como un dos finalistas a mellor festival indoor de 2018. O evento compite con outros nove finalistas, sete deles alemáns, un austrÃaco e un checo. O galego repite por segundo ano condición de finalista nesa categorÃa do certame, gañada o ano pasado polo esloveno MENT Ljubljana, e en 2016 polo alemán Reeperbahn. Os gañadores serán anunciados nunha gala que terá lugar o 16 de xaneiro en Groninga, nos PaÃses Baixos. Paralelamente, a cita anual da promotora compostelá WORK ON SUNDAY volve repetir de novo outros cinco nomeamentos nos Iberian Festival Awards, que premian a excelencia entre todos os festivais de España e Portugal. As categorÃas nas que compite son mellor festival de pequeno formato, mellor promoción turÃstica, mellor programa musical, mellor festival indoor, e mellor actuación polo directo de The Bug feat. Miss Red. Os gañadores da competición ibérica serán anunciados o 13 de marzo nunha gala oficial en Vigo.
A proposta da cita compostelá defÃnese pola súa vontade de presentar no marco excepcional que ofrece Santiago de Compostela formas artÃsticas ao redor da música electrónica e a exploración avaladas polo rotundo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. Unha das súas caracterÃsticas son precisamente as súas doce sedes, distribuÃdas polo centro urbano e histórico da capital galega, que incluÃron nos seus cinco anos de traxectoria o museo Centro Galego de Arte Contemporánea – CGAC, a Cidade da Cultura, o Teatro Principal, a terraza da Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade, o Mercado de Abastos, a sede da Fundación SGAE, as salas Capitol e Malatesta ou a sala de cinema independente NUMAX.