Co gallo do 125 Aniversario Nacemento do compositor ourensán José Fernández Vide (1893-1981), o músico e investigador pontevedrés Oscar Ibáñez impulsou a gravación da súa obra completa para piano e para canto e piano, moi pouco coñecida ata o momento, contando coa interpretación da pianista redondelá Noemà Salomón e da soprano compostelá AnaÃs Fernández. O disco, titulado MESTRE VIDE. Obra para piano e canto-piano, está formado por dous discos coa obra para piano e un terceiro coa obra para canto e piano; o traballo complétase cun libreto de 40 páxinas con textos dos musicólogos Carlos Villanueva e Javier Jurado, asà como do fillo do compositor Antonio Fernández GarcÃa-Vide, sobre a vida, a obra e a personalidade do compositor cuxo percorrido vital e musical transcorreu entre Ourense e a Habana, ligado ao cÃrculo ourensán da revista Nós. Hoxe mércores o Paraninfo da Universidade de Santiago acolle un concerto ás 20:30 no que se presentará este traballo discográfico. Noemà Salomón e AnaÃs Fernández interpretarán unha selección da extensa obra para piano e canto-piano do Mestre Vide.
Da obra para piano de Vide, complexa tecnicamente, cabe destacar a enxebreza das súas numerosas muiñeiras e das súas dúas suites (alborada, alalá, muiñeira), dentro dunha produción que abrangue tamén a música de salón (pasodobre, valse) e do café-concerto (galop, foxtrot), entre a que atopamos ademais un danzón como chiscadela á súa etapa cubana. Da obra para canto e piano sobresaen as súas fermosas cancións, na liña das melodÃas galegas de Montes, Chané ou Baldomir, ás que Vide, dado o seu dominio do piano, aportou un acompañamento enriquecido, conservando a unidade absoluta co canto, sobre poemas de Curros EnrÃquez, Manuel MurguÃa, Blanco Amor, Gayoso FrÃas, José Fariña Jamardo ou Matilde Lloria, ás que se suman cancións en español, algunhas delas propias do espectáculo de variedades, e outras sobre ritmos cubanos, claras testemuñas das influencias da outra beira do Atlántico.