Gaitafilmes organiza o oitavo festival de curtametraxes M de Cine

O colectivo meirense é o responsabel da producción e dirección de 'Dhogs'

O colectivo meirense é o responsabel da producción e dirección de 'Dhogs'
Gaitafilmes, o colectivo-produtora do que naceu o aclamado filme Dhogs no concello lucense de Meira, organiza un ano máis o seu certame de curtametraxes M de Cine, que se celebrará con diversas proxeccións entre os días 29 e 30 de este mes. O colectivo M de Meira, xunto co Concello da localidade impulsan por oitavo ano esta iniciativa de Gaitafilmes, colectivo liderado polo premiado director Andrés Goteira. Este ano o certame contará por vez primeira cun xurado profesional para dirimir o seu palmarés, que estará composto por Aser Álvarez, Sonia Méndez e Carlos Blanco. Este certame foi o leixido por Gaitafilmes para presentar as primeiras imaxes de Dhogs o pasado ano, previamente á súa estrea en festivais e ao seu clamoroso éxito nos Premios Mestre Mateo.

Ligazóns