A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, Proxecta, presentouse hoxe no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela ao tempo que publicaba a súa páxina web na que explican os seus pormenores. Proxecta nace despois de dous anos de traballo e parte dunha vella angueira do sector, apoiada desde a Academia Galega do Audiovisual polo seu presidente Carlos Ares e algunhas administracións coas que aspira a servir de interlocución para os problemas xerais do sector no país e para acadar recoñecemento, posta en valor e apoio á súa actividade.
Doce eventos audiovisuais, festivais e mostras, das catro provincias aparecen na acta fundacional fechada no 30 de maio deste ano, e xa hai outros catro interesados en formar parte. A asociación sen ánimo de lucro nace para equilibrar ao sector nese trato coas administracións ante un déficit histórico constatado desde a súa directiva. Ángel Sánchez (Play-Doc) como presidente, Ana Estévez (MICE) como vicepresidenta e Pela del Álamo como secretario, fixeron a presentación. Segundo eles o potencial dos eventos audiovisuais en Galicia de quince anos para aquí resulta "inmenso" grazas á diversidade e orixinalidade dos proxectos que foron xurdindo. Uns eventos que, segundo Pera del Álamo, están totalmente conectados cunha "efervescencia cultural real e concreta que está sendo vehículo para transmitir a idea de Galicia fóra das nosas fronteiras". Poñer en valor esta pluralidade e proxectar esta creatividade tanto de portas a dentro como cara a fora é un dos obxectivos prioritarios da asociación, tanto de cara ás administración como tamén de cara aos medios e o público.
Un sector que crea riqueza económica e cultural
Desde a coordinadora contabilizan ata 36 eventos susceptibles de formar parte e ambicionan que poida sumarse a esta iniciativa. Segundo avanzou Ana Estévez, entre os doce festivais actuais de Proxecta suman máis de 70.000 espectadores en toda Galicia e moven directa ou indirectamente un millón de euros e xeran máis de 300 contratacións, Este nivel de actividade consegue que se cheguen a ofrecer 81 días de programación audiovisual ao ano, 450 sesión de proxección e 1040 filmes, a todo isto hai sumar actividades de formación, foso de debate, concertos e outras moitas actividades habituais destas programacións. Cifras que avalan ao sector non só como xerador de riqueza, senón como axentes culturais de primeiro nivel e grandes subministradores de contido activo aos espazos culturais de titularidade pública. Desde a asociación reivindican tamén o atractivo turístico destes eventos para acadar turismo cultural de calidade mesmo en localidades moi pequenas. Apoiándose nestes datos e percepcións desde Proxecta entenden que o apoio das administracións aos festivais audiovisuais é "moi pequeno", comezando pola necesidde de reconstruír a relación co Ministerio de Cultura e incluíndo ao resto das administracións entre as que conta a asignatura pendente para os festivais galegos de acceder a financiamento da Unión Europea. O colectivo, que estará sufragado coas achegas dos socios, das administracións e buscará xerar financiamento propio, quere á súa vez ser axente de apoio para contribuír "ao desenvolvemento e mellora do cinema galego" a través de ferramentas compartidas, dotar de formación específica e servir de orientadores en temas tan importantes como a busca de financiamento privado ou público para estes eventos.