A Academia de Cine ven de facer publica a lista de candidatos finalistas ás 33 categorías dos premios Goya e de entre eles buscamos a representación que o audiovisual feito en Galicia deixa nesta edición. Dous actores e catro producións aparecen nesa lista. Desde unha perspectiva de números destaca a película La sombra de la Ley, dirixida por Dani de la Torre e co-producida por Vaca Films, por conseguir ata seis nomeamentos nesta edición, todos eles do apartado técnico. O filme protagonizado por Luís Tosar resulta finalista nas categorías de Mellor Música Orixinal; Maquillaxe e perruqueiría; Dirección de fotografía; Mellor Dirección artística e Mellor Deseño de Vestiario. Nas categorías de interpretación o sector galego ten en Luís Zahera e o asturiano-ferolán Javier Gutiérrez a súa representación. Mentres Gutiérrez aspira na categoría de actor protagonista ao que sería o seu terceiro Goya por Campeones, o compostelán Zahera busca a súa primeira estatua como Mellor Actor de Reparto polo seu traballo en El reino, produción revelación destas candidaturas con 13 nomeamentos.
A curtametraxe de Álvaro Gago, Matria, que xa gañara o Premio Mestre Mateo á mellor curta, entra tamén este ano nas quinielas na categoría de Mellor Curtametraxe de Ficción entre as cinco finalistas dos Premios Goya. Entre os elixidos para optar ao galardón está tamén o director vigueés Guirllermod e Oliveira pola súa docuemtnal Desenterrando Sad Hill. Pechando a representación do audiovisual galego aparece tamén o filme Memorias de un hombre en pijama, que aspira ao Premio Goya a Mellor Película de Animación. O filme, baseado nunha banda deseñada de Paco Roca, esta producido, entre outros, polas empresas galegas Ézaro Films e Lady Bug Films e conta tamén co apoio da TVG. Ademais o guión está asinado por Ángel de La Cruz e Diana López Varela, xunto ao autor da obra orixinal. Tamén na categoría de curtametraxes de animación conta para nós o filme Soy una tumba, con produción de Iván Miñambres e Nicolás Schmerkin. Os actores Rossy de Palma e Paco León foron hoxe os encargados de desvelar a lista de nomeamentos dos premios que se entregarán o vindeiro 2 de febreiro en Sevilla.