Dúas citas co formato da curtametraxe se estiveron realizando a pasada semana de xeito paralelo na nosa xeografÃa. Na vila coruñesa de Noia a veterá Mostra de Curtametraxes Vila de Noia celebraba a súa XIXª edición e pechaba a semana presentando o seu palmarés. No sur, na provincia de Ourense, VerÃn celebraba a terceira edición do seu evento internacional FIC VÃa XIV, que tamén repartÃa os seus galardóns. Dúas citas simultáneas co formatos audiovisual de curta duración e que demostraron boa saúde cultural atraendo público e participación de cintas.
A XIXª edición da Mostra de Curtas Vila de Noia deixaba tras unha semana de proxeccións un palmarés de oito galardóns decididos por votacións do xurado ou do público e dous premios de carácter honorÃfico. O que cada ano concede a Mostra a unha figura senlleira foi para o actor de dramaturgo Manuel Lourenzo e ademáis o evento tivo este ano un recoñecemento especial “in memoriam” para o falecido Ernesto Chao. A curtametraxe A sombra interior de Diego Tafarel alzouse co premio xeral á mellor curta. O premio á mellor peza feita no eido comarcal foi para Esta soy yo de Yaiza Suárez; Celia Galán levou o premio ao mellor guión pola Curta Para ayer: a mellor actriza de curtametraxes, segundo o xurado foi Elena Saenz polo seu traballo na curtametraxe MITHYABADI; pedro Casablanc levou o Premio Xosé Manuel Olveira ao Mellor Actor polo filme Uno; o Mellor traballo de dirección foi para Iván Sainz Pardo por Ainhoa; a Mellor Curta de Animación foi, segundo o xurado La Noria9 pasos de Marisa Crespo e Moisés Romera como a súa favorita.
Proxección internacional en VerÃn
O Festival Internacional de Curtas de VerÃn, FIC VÃa XIV, finalizou a súa terceira edición cunha gala na que se entregaron os premios do seu palmarés e participou tamén o actor Antonio Durán “Morris”, ao que a organización do FIC VÃa XIV rendÃa homenaxe este ano coa proxección de varias obras nas que ten participado tales como a curta Unary, que foi o filme inaugural do festival, ou as longametraxes Dhogs e A estación violenta. Durante o acto, desvelouse o nome das curtas premiadas dentro de cada unha das catro categorÃas do festival (Nova, Outra Mirada, Horizontes e A Raia). A listaxe de curtametraxes gañadoras abarca seis producións audiovisuais con procedencia de seis paÃses distinto e unha delas dunha realizadora de VerÃn. La poesÃa solo muere cuando termina, dirixida pola verinesa Adelaida Lamas recibiu o Premio Especial do Público; Judgment, de Filipinas, dirixida por Raymund Ribay, premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da CategorÃa Oficial Nova; Our Song to War, coprodución de Bélxica e Colombia dirixida por Juanita Onzaga, premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da CategorÃa Oficial Outra Mirada; Bacha Posh, cinta alemá dirixida por Yalda Afsaf e Ginan Seidl, premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da CategorÃa Oficial Horizontes; Pele de Luz, curta portuguesa do autor André Guimar, premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da CategorÃa Oficial A Raia;