O escritor compostelán Manuel Portas foi o vencedor do XXVII Premio Blanco Amor de novela longa que organiza a Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Eduardo Blanco Amor. O galardón, dotado con 15.000 euros e unha escultura de Acisclo Manzano, recoñeceu a súa obra Por puntos entre as 24 que se presentaron ao certame. O xurado, destacou a "calidade narrativa" dunha novela "de interese para calquera tipo de lector, que recrea unha galerÃa de personaxes interactuando nun contexto actual e urbano". Ademais, no fallo destácase que "a variedade de rexistros lingüÃsticos desta obra singulariza ás persoas que interveñen no relato e achega forza expresiva e autenticidade á novela". O premio entregouse en Ourense o pasado 1 de decembro.