Nace o selo Guindastre Edicións de álbum ilustrado e audio-libros para cativos

A nova editorial preséntase mañá na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaMúsicaTeatro
Compartir:

Un novo selo editorial bota a andar neste outono coa vocación de dar a coñecer e difundir para o público familiar albumes ilustrados, audiolibros de narración ou música e adaptacións de teatro de monicreques. Guindastre Edicións presentarase este mércores 5 de decembro ás 18.30 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. A editorial, dirixida por Celtia Figueiras e Luis Vallecillo, está radicada na localidade coruñesa de Brión e xorde con dúas coleccións diferentes que ademais comezan cada unha cunha produción propia de cada un dos editores. Na presentación, que está aberta ao público participarán Luis Vallecillo e Celtia Figueiras que, ademais de falar tanto de Guindastre coma dos seus dous primeiros títulos, actuarán para dar a coñecer o seu traballo e animar con música e narración oral a cativada.

A primeira delas, baixo o nome de Lui Son, céntrase na música familiar e ábrese con Cantamos? como primeiro título. Trátase dunha obra educativa e lúdica do propio Vallecillo, que inclúe un CD de música e audio-contos, ademais de pictogramas para facilitar a lectura a persoas con necesidades especiais e prelectores.

Pola súa banda, a colección A Xanela do Maxín, dirixida por Figueiras, adaptará textos de monicreques a contos, procedentes da compañía que leva o mesmo nome, con letra manuscrita e ideados para primeiras lecturas. Iníciase este camiño coa obra Ula Lúa?, da propia Celtia Figueiras que está ilustrada por Marcelo P. Fernandez.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxel Casal, Teatro, Narración oral, Editores...

Claves

Protagonistas
Lugares