A produtora pontevedresa de contidos audiovisuais en Lingua de Signos IDendeaf ven de comunicara que a súa curtametraxe C.O.D.A. , dirixido polo estradense Veru RodrÃguez, de acadar tres galardóns e un recoñecemento no festival chileno South Film And Arts Academy Festival (SFAAF). Concretamente a produción, que conta unha historia arredor dunha nena con pais xordos que sufre acosos escolar, recibiu nas categorÃas de curtametraxe o premio ao Mellor guión, o de Mellor Actriz xoven para a súa protagonista Paula GarcÃa e o de Mellor curtametraxe de temática de discapacidade. Ademais diso a peza tamén foi o terceiro Premio del Público en xeral do festival. C.O.D.A. ( acrónimo de Children of Deaf Adults, Nenos de Pais Xordos) conta a historia de Paula, unha rapaza filla de pais xordos que vive entre dous mundos, o das persoas xordas e o das oÃntes . O filme estreouse o pasado 19 de setembro no IIº Festival de Cine Sordo de Arxentina.